Zum Hauptinhalt springen
Umbreit Logo

Fillos de Gael

Cover von Fillos de Gael

eBook

Costoya, Rodrigo

EDICIONES PÀMIES

9.99

(inklusive MwSt.)

Verfügbarkeit: Lieferbar

Zusatztext

Os farrapos ciscados do gran pobo celta
 Xa só o vento visita a chaira senlleira. As pedras milenarias, inmunes aos seus embates, dormen un sono perpetuo. A memoria da vella Armórica resiste a duras penas o paso dos séculos, e só uns poucos conservan a sabedoría antiga dos fillos de Gael. O pobo perdido que, diseminado ao redor dun mar común, arrastra máis de mil anos de exterminio inexorable.
 
 Un neno elixido
 É o inverno de 1397. Nas fonduras máis avesías do bosque de Karnag chega ao mundo Aydan, a última esperanza para o seu pobo. O pequeno nace atado a unha estraña profecía que é, a un tempo, bendición e maleficio.
 Estender luz sobre as tebras.
 Cambiar o mundo para sempre.
 A herdanza das nacións gaélicas acompañarao na súa procura, pois o futuro da humanidade, aínda sen el sabelo, está ligado ao seu destino. 
 
 A memoria esvaecida
 Os menhires, testemuñas mudas da súa historia, gardarana ata o abrente no eco da eternidade. Talvez eles poidan responder, algún día, as preguntas que xa ninguén sabe formular.
 Que aconteceu co pobo perdido?
 Que foi dos fillos de Gael?

Autorenportrait

Son Rodrigo. Medrei en Galicia, entre bosques cheos de brétema e lendas atlánticas. Os castros e os monumentos megalíticos sempre me fascinaron. Neles podo sentir as raíces máis antigas do que eu son. A herdanza celta, parte esencial da miña identidade. Por iso quixen contar a historia máis descoñecida dos pobos gaélicos. O seu pasado ancestral, a súa suposta desaparición nos albores da nosa era e, sobor de todo, a súa supervivencia ao longo dos séculos. Son autor de Misarela (2020) ¿en idioma castelán, El custodio de los libros¿, Portosanto (2021), La última reliquia (2024) e O século do milagre (2025). Ademais de escribir, dirixo «Compostela Histórica», as xornadas de divulgación e narrativa históricas que se celebran na cidade de Santiago. Tamén dou clase no instituto Rosalía de Castro. En Fillos de Gael acharás a resposta ás grandes incógnitas que sempre rodearon aos pobos célticos. A gran epopea da civilización gaélica. A auténtica historia do pobo perdido.

Weitere Details

Erschienen: 23.02.2026

Umfang: 440 S., 2.20 MB

Sprache: SPA

ISBN/EAN: 9791387787219

Umbreit-Nr.: 9885204

Der Umbreit-Newsletter

Jetzt anmelden und immer über Angebote, Neuigkeiten und Aktionen informiert bleiben.