Madame de Treymes
Autorenportrait
Edith Wharton (Nova York, 1862) foi a primeira muller gañadora do Premio Pulitzer por unha obra de ficción, en ser nomeada Doutora honoris causa pola Universidade de Yale, e en recibir unha medalla de ouro do Goberno de Estados Unidos no Instituto Nacional de Artes e Letras. De familia adiñeirada e de prestixio social, viaxa dende nena ao continente europeo de cuxa cultura namora. A súa obra publicada é moi ampla, fundamentalmente novela, relato, crónica periodística e mesmo libros de estilo e deseño de interiores. A súa vida e o seu ambiente social, cunha mirada irónica e crítica, quedan recollidos na súa obra cun mínimo uso da acción narrativa. Dakota Hernández é o pseudónimo de Miriam García, ilustradora, investigadora e deseñadora gráfica valenciana. As súas ilustracións céntranse na natureza e na figura feminina. O seu primeiro libro, Womanhaus, unha crónica ilustrada da escola de arte Bauhaus (Editorial Bululú, 2022), foi un grande éxito de vendas e crítica e recibiu a prestixiosa mención BRAW na Feira Internacional de Boloña de 2023.
Weitere Details
Erschienen: 23.12.2024
Umfang: 120 S., 6.14 MB
Sprache: GLG
Lesealter: Lesealter: 15-99 J.
ISBN/EAN: 9788410049208
Umbreit-Nr.: 5199722
